lunes, 12 de mayo de 2014

Marcapáxinas personalizados.

Hoxe vos traio uns marcapáxinas (en forma de corazón) moi bonitos e moi fácil de facelos.

Aquí o que necesitamos:

-Fieltro ou tea (como queirades)
-Fío

Primeiro necesitamos cortar nun cartón a forma dun corazón, despois usaremos esa plantilla para cortar o fieltro ou tea, o que vos escollades, coa mesma forma, pero non só unha vez se non que temos que cortar dous corazóns.

Cando xa os temos cortados cosemos o corazón pola parte de abaixo pero non o cosemos enteiro porque necesita ter unha apertura para poder colocalo na páxina do libro, así que coseremos só ata que se empeza a facer a curva do corazón. 

Así debería quedar. 

Books

No hay comentarios:

Publicar un comentario