jueves, 29 de mayo de 2014

Perfecto para esta primaveira.

Hoxe vos traio un maquillaxe que ilumina perfectamente a mirada.

Primeiro como cada vez que nos maquillamos os ollos aplicamos o primer, de seguido aplicamos unha sombra base de cor dourada.
Cunha brocha de ángulo delineamos o máis preto das pestanas cunha sombra ou delineador de cor azúl, difuminamos e aplicamos un lápiz de ollos da mesma cor na liña de auga inferior.

Cando xa temos todo isto feito, cunha sombra cor crudo ou branco iluminamos debaixo das cellas.
Podemos agora rizar as pestañas e aplicarlle rimel ou por onde aplicamos o delineador azul añadir agora un negro e así conseguiremos un efecto diferente.

Terminado este paso rizamos as pestañas aplicamos rimel é a nosa mirada quedará perfectamente iluminada para esta primaveira.

Make up

Espero que vos gustase e se queredes podedes facermo saber con comentarios abaixo e tamén son benvidas propostas para novas entradas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario